Patrimonio etnográfico

Marco da Capela de San Marcos

Capela de San Marcos

No século XIX construíuse a Capela de San Marcos na división entre as parroquias de Regoela (Concello de Cabanas) e Sillobre (Concello de Fene).

O marco (a pedra) que facía de división entre estas parroquias atópase inserido dentro da sacristía engadida á ermida que foi engadida a mediados do século XX.

Ata mediados do século XX, coincidindo coa festividade San Marcos (25 de abril) tiña lugar unha tradición na que a xente da zona levaba o gando a cumprir cun ritual de fertilidade que os obrigaba a dar sete voltas arredor da capela para despois levalos a beber auga á Fonte do Santo (Río Belelle) onde alá por 1817 aparecera unha imaxe do San Marcos ao arar a terra.

Investigacións posteriores indican que esta tradición facíase con anterioridade á construción da Capela e os animais daban as sete voltas arredor do marco que levaba aí colocado desde tempos pretéritos.

Sería pois unha cristianización dun ritual pagán que constaba do rito no que xiraban en torno ao marco e que se terxiversaría por San Marcos.