Natureza e deporte

Río Belelle

Ponte Rio Belelle

O Río Belelle é un curso fluvial que nace no Barranco da Cernada en As Pontes e atravesa os concellos de A Capela, Cabanas, Fene para rematar desembocando en Neda na Ría de Ferrol.

Este río ofrece ao longo dos seus 30 quilómetros de percorrido un entorno natural verdadeiramente abraiante e único, desde as súas especies animais que alí habitan, pasando pola súa flora autóctona ata a súa fervenza.

A Fervenza do Río Belelle é un salto de auga de 45 metros sobre unha parede granítica que lle permite ao río salvar a distancia entre o fenés Monte Marraxón para así continuar ata o Concello de Neda e a súa desembocadura. É unha das fervenzas máis altas de Galicia e sempre ten caudal, aínda que é máis espectacular nos meses de outono e inverno.

As súas augas sempre foron ben aproveitadas pola xente da comarca desde tempos antigos. A súa extrema calidade de augas permite que esta sexa unha zona ideal para a pesca da troita e incluso a súa auga é un dos ingredientes fundamentais dunha variedade da pan saborosísima e única como é o Pan de Neda, de recoñecido prestixio desde a época medieval.

O particular curso do río foi aproveitado tempo atrás para a creación de muíños de agua e tamén para abastecer á zona de luz. Ese último uso inda está vixente grazas á Central Hidroeléctrica do Río Belelle.

Existen diversas rutas de sendeirismo que percorren o seu curso e son un grande incentivo para o turismo deportivo.