Patrimonio Natural

Ribeira de Maniños e Praia da Garita

Praia da Garita

Un dos moitos espazos naturais privilexiados que ofrece o Concello de Fene é o que está nas beiras da Ría de Ferrol, como é o caso da Ribeira de Maniños. Esta singular zona foi sempre de grande actividade mariñeira: desde os antigos estaleiros do “Adriano” (Antonio Fernández, emigrante galego en Cuba) ata a actividade marisqueira actual, sobre todo dos mariscos bivalvos da zona como a ameixa.

Tamén é un gran espazo para o paseo, descanso e relax. Este entorno natural e semiburbano consta dunha pequena cala coñecida como a Praia da Garita; un lugar de area fina e branca óptima para o descanso e as os deportes acuáticos. Ao seu carón está un espazo cunha área recreativa e un excelente miradoiro á ría de Ferrol.

En definitiva pura esencia do que representa Fene, vida mariñeira e tamén un entorno natural perfecto para o tempo de lecer.