Patrimonio Natural

Praia do Río Castro

Praia da Garita

Cala situada entres os municipios de Fene e cabanas, dentro a Ría de Ares e na desembocadura do Rego de Laraxe (Río Castro).

De area escura e rodeada de árbores. Augas tranquilas, temperatura morna e sen bandeira azul. Aparcadoiro próximo.

Praia con afluencia moderada nos meses de outono, inverno e primavera e grande afluencia durante o verán; é unha praia ideal para familias pola tranquilidade das augas. Dispón de servizos de restauración na contorna.

Na contorna están as ruínas do Muíño de Mareas, antigo muíño que funcionaba con auga de río e de mar. O seu uso primixenio foi para moer gran, pero despois empregouse para moer carbón vexetal con fins pirotécnicos.