Patrimonio Natural

Praia de Almieiras

Praia de Almieira

O Concello de Fene ten a sorte de poder delimitar os seus territorios ao norte coa ribeira da Ría de Ferrol e ao sur coa Ría de Ares. Isto fai que os seus sete areais teñan unhas características diferentes e únicas así como unha orientación xeográfica particular.

A praia de Almieiras pertence á Ría de Ares, a contorna é un espazo natural formado por un arboredo e a desembocadura do Rego de Laraxe (tamén coñecido como Río Castro) e ten unha orientación sur-oeste que nos ofrece uns magníficos solpores.

É unha praia de area fina e dourada, augas tranquilas e temperatura morna, o que a fai ideal para o gozo en familia cos máis pequenos e sen apenas riscos. Tamén é perfecta para a práctica de deportes acuáticos (caiac, piragüismo, padel surf, etc.) ou incluso para fondear pequenas embarcacións.

O areal posúe servizos de ducha, aparcadoiro e tamén con accesos adaptados. Tamén dispón de oferta de restauración a poucos metros.