Patrimonio arquitectónico

Museo do Humor

Casa da Maleta

No ano 1983 os senlleiros debuxantes Xaquín Marín e Siro López comezan en Ferrol unha exposición itinerante que os levaría por toda Galicia. Esa exposición tiña unha mensaxe clara: pór en valor o humor galego. De feito esta acción cultural tiña o seu propio Manifesto en Defensa do Humor.

Un ano despois, no 1984, os problemas do movemento artístico do humor galego seguían presentes e grazas á iniciativa dunha serie de persoas comprometidas con este arte e á colaboración do Concello de Fene, comeza a callar a idea da creación do Museo do humor.

O humor galego é arte, como son o baile, a literatura ou a música, é patrimonio de todos e por iso hai que preservalo e potencialo. Así pois no 1984 nace na Casa da Cultura de Fene o Museo do Humor, único museo destas características a nivel estatal.

Froito desta ampla traxectoria de máis de tres décadas o museo conta cuns fondos propios de debuxantes como Luís Davila, Pinto&Chinto, Miguelanxo Prado, Forges, etc.  Este espazo tamén é lugar de acollida para toda actividade itinerante relacionada co humor: monólogos, cine, talleres, exposicións, etc.

Polo tanto, a visita a este espazo é obrigatoria para todo aquel que desexa coñecer o Concello de Fene; conta con zona de aparcadoiro, acceso adaptado, visitas guiadas e está aberto todo o ano.

Teléfonos: 981342400-981341451

E-mail: museodohumor@fenecidadan.gal / museodohumor@gmail.com