Patrimonio cultural

Monumento á Memoria

Monumento a memoria

Monumento adicado á Memoria Histórica co gallo do “Ano da Memoria Histórica” en 2006, obra en aceiro de Xosé Loureiro. É unha homenaxe ás vítimas da represión política e social e aqueles que loitaron pola liberdade sobre todo durante a Guerra Civil Española e o franquismo.