Patrimonio Natural

Marraxón – Couto do Rei

Marraxón - Couto do Rei

Dentro dos espazos de grande valor natural do Concello de Fene hai que ter en conta sempre o Monte Marraxón. Unha zona de montes comunais que alcanza unha altura duns 354 metros sobre o nivel do mar no seu alto coñecido como o Couto do Rei.

Este lugar está a levar a cabo, grazas aos propios veciños e á colaboración do concello, un proceso de recuperación e limpeza para así preservar os ecosistemas particulares que alí habitan ademais dos restos megalíticos existentes.

Por tanto, é imprescindible para calquera que visite Fene a realización dunha ruta polo Marraxón. Permitirá coñecer o pasado arqueolóxico do entorno, a fauna e flora que alí habita e tamén observar desde o Couto do Rei a mellor das vistas panorámicas sobre a ría de Ferrol e o Golfo Ártabro desde os seus coñecidos “Asentos máis duros do mundo”.