Patrimonio arqueolóxico

Mámoa do Monte Marraxón

Mámoa Monte Marraxón

Dentro do patrimonio arqueolóxico do Concello de Fene, destacan as mámoas do Monte Marraxón.

Enténdese por mámoa un sepulcro prehistórico da época megalítica (vai desde o século VI ao III antes da era actual) formado por un dolmen cuberto por un montículo de terra de planta circular. Poden chegar a ter entre 3 e 5 metros de altura.

No Monte Marraxón podemos atopar até dezanove sepulcros que datan do 5.500 antes da era actual e no Couto do Rei, a 354 metros de altura, o de maior tamaño. Ten unhas medidas aproximadas de 10 metros de diámetro e 60 centímetros de altura.

Como indicabamos o Monte Marraxón é unha zona de grandes achados arqueolóxicos, mais tamén é un lugar óptimo para a práctica de sendeirismo e ao seu tempo ofrece unhas privilexiadas vistas sobre o Golfo Ártabro.