Patrimonio relixioso

Cruceiro do Ameneiro

 

Igrexa de S

Cruceiro datado do século XX con plataforma troncopiramidal con pedestal troncocónico e rematado por unha roda cun bocel. Pola parte dianteira móstrase a Cristo crucificado con tres cravos, as mans pechadas, o pé dereito sobre o esquerdo, a cabeza coa coroa de espiñas inclinada cara a esquerda e un pergamiño coas siglas INRI.

Na parte traseira, unha Virxe sobre unha peaña coas mans en cruz e suxeitando o manto sobre o seu peito.