Patrimonio histórico

Cine Adriano

Cine Adriano

O fenómeno da emigración en Fene de finais do século XIX e comezos do XX tivo un importante impacto posterior no concello. Aqueles emigrantes que conseguiron unha mellora económica e puideron retornar a Fene adicaron parte do seu patrimonio ao labor filantrópico; ben construíndo escolas, ben creando sociedades culturais ou entidades de certo carácter ecoloxista, entre outras moitas accións.

É o caso do Cine Adriano. A construción do Cine Adriano foi idea de Antonio Fernández (alcumado Adriano porque era o nome do pai) que foi o que financiou a obra con cartos obtidos da emigración en Cuba. O deseño arquitectónico correu a cargo de Vicente García-Lastra e comezou as súas proxeccións en 1947.

O Cine Adriano foi un dos espazos sociais e culturais máis concorridos ata o seu peche definitivo en 1972.

Na actualidade a asociación Patio de Butacas busca un acordo coas institucións para poder restaurar un dos máis emblemáticos espazos de ocio do Concello de Fene e da comarca.