Patrimonio histórico

Casa da Ribeira

Casa da Ribeira

Edificación singular que data dos séculos XV-XVI, reformada en diversas ocasións durante o século XVIII e XX. De planta rectangular e dúas alturas destaca na fachada o escudo de armas da familia Piñeiro, donos da propiedade no século XVIII. Debaixo deste escudo está a entrada da casa enmarcada nun arco de medio punto.