Patrimonio relixioso

Capela de Santa Ana

Capela de Santa Ana

43º27’48.7″N 8º09’45.3″W

Dentro da parroquia fenesa de San Salvador, atópase o lugar de Santa Ana, e foi nese lugar cando no ano 1846 o crego Froilán Cancela fundou a Capela de Santa Ana.

Esta capela presenta unha planta rectangular cunha única nave. Asociacións culturais, veciñais, persoas a título individual así como o Concello de Fene decidiron en 2018 recuperar a tradicional romaría de Santa Ana nos arredores da capela, festa con grande tradición na zona.

Santa Ana é, pois, unha zona de recomendable visita e tamén un lugar de paso para os peregrinos que percorren o Camiño Inglés, pois este sacro lugar queda moi preto do trazado orixinal.