O concello

Historia

Os primeiros restos da cultura material das comunidades prehistóricas das que se ten noticia en Fene son instrumentos líticos, datados no Paleolítico Medio, que foron atopados na zona litoral da parroquia de Maniños.

O territorio do actual concello de Fene documentou unha intensa ocupación como evidencian os campos megalíticos do Campo da Arca e a abundancia de asentamentos castrexos que foron intensamente romanizados. Vestixios desa romanización son os restos dunha factoría de salgadura en Vilar de Coto (Limodre).

A primeira mención documental na que se referencian os territorios do concello é unha escritura de 1040 na que se menciona Fene e un preito de 1100 que nomean a “Xoan”, párroco de Sillobre, e Ordoño de Fene por motivo dunha retesía entre Santiago e Mondoñedo pola posesión do arciprestado de Bezoucos.

Baixo o dominio da casa de Lemos

Durante a Idade Media as terras de Fene foron cedidas en doazón ao mosteiro de San Xoán de Xubio e, a finais do século XV, pasaron a mans da liñaxe dos Andrade e, posteriormente, foron incorporadas á casa de Lemos.

Xa no Antigo Réxime, Fene estivo baixo xurisdición de Pontedeume, dentro da provincia de Betanzos, e mantívose baixo o dominio dos señores de Lemos.

Fene institúese como municipio da man das Cortes de Cádiz de 1812 e, no actual termo municipal, creáronse tres concellos: Fene, Maniños e Barallobre. Tras a súa disolución en 1823, haberá que agardar a 1835 para que se recoñeza Fene outra volta como concello, integrando xa as parroquias dos anteriores municipios de Maniños e Barallobre

Fene no século XX

Sen dúbida ningunha o feito local fenense máis relevante do século XX foi a creación da factoría naval de ASTANO en Perlío en 1941. Orixinariamente, o estaleiro dedicouse á construción de pequenos buques pesqueiros de madeira, para transformase, en 1944, nunha Sociedade Anónima, acrecentar os seus capitais, e ampliar as súas actividades cara á construción de buques de maior calado.

A partir de 1963 o número de traballadores de ASTANO medrará rapidamente e producirase unha gran modernización dos seus sistemas de traballo até converterse nun dos principais estaleiros do mundo especializdos na construción de petroleiros de 300.000 toneladas.

Navantia - Fene
Parroquia Sillobre Fene
En 1975, a factoría incorporarase ao grupo de empresas dependentes do Instituto Nacional de Industria.

A década dos anos oitenta estará marcada pola reconversión do sector naval que se avivará a partir de 1984. A primeira ASTANO foi, posteriormente, absorbida polo grupo Izar (actualmente Navantia), que chegou a ser o noveno grupo de construción naval do mundo e o segundo de Europa, é tras a fusión dos estaleiros españois públicos civís de `Astilleros Españoles´(Cádiz, Juliana, Manises, Astano, Puerto Real, Sestao, e Sevilla) e militares de Bazán (Ferrol, Cartagena, e San Fernando).

Parroquias

Fene é un concello no Noroeste de Galicia, integrado na comarca coruñesa de Ferrolterra que, pola súa vez, forma parte do gran conxunto comarcal do Golfo Ártabro xunto coas Mariñas e A Coruña.

O concello limita cara ao norte co municipio de Neda, no sur cos de Cabanas, Ares e a súa ría. Na banda leste fai linde co concello da Capela e na occidental toca co concello de Mugardos e mais a ría de Ferrol. Fene ten unha extensión de 27,4 quilómetros cadrados e sumaba, segundo o Padrón Municipal de 2006, 14.246 habitantes. O seu territorio distribúese en oito parroquias.

Sillobre

A parroquia de Santa Mariña de Sillobre, con 8,7 quilómetros cadrados, é a parroquia máis extensa de Fene. En 2006 sumaba 1.163 habitantes (564 varóns e 599 mulleres). Limita con Neda ao norte, coa parroquia de Fene ao oeste, co concello da Capela ao leste e con Magalofes e Cabanas polo sur.

A poboación distribúese en vinte e oito entidades: Ameneiro, Arriba, Aúlfe, As Bardallas, O Barreiro, Belelle, A Brea de Sillobre, Buio, A Calzada, A Corveira, A Gándara, Gunduriz, A Gurita, A Lagarteira, Lubián, Marraxón, Orra; A Pallota, Pedre, A Pegariña, A Rabadeña, A Rañoa, O Reboredo, O Revolto, A Ribeira, San Marcos, O Souto, Taboado, O Valado, Vilanova e A Visura.

Más info

Toponimia

O topónimo Sillobre, segundo Henrique Dacosta, está formado por dúas raíces Sill- que procede do nome persoal latino Silius/Sillius ou do substrato céltico (galo) sil/-is `ocre´, `prixel silvestre´; e -obre: procedente do céltico *bhrgh `altura fortificada como cidadela de refuxio´,`castro´, (>*brig-s>-brix>-bre).

Festas e romarías

  • Romaría de San Marco e San Telmo, 25 de abril
  • Festa de Santa Mariña, 18 de xullo
  • Festa do Mel
  • Festa dos Cogumelos
  • Romaría de San Ramón e San Roque, 31 de agosto e 1 de setembro
Descargas

Magalofes

San Xurxo de Magalofes ten unha superficie de 5,6 quilómetros cadrados e é a freguesía menos poboada de Fene; segundo o Censo de 2006, ten unicamente 365 habitantes (260 varóns e 268 mulleres).

Magalofes limita ao norte coas parroquias fenesas de Perlío, Fene e Sillobre, ao sur e leste co concello de Cabanas, e ao oeste coa parroquia de Barallobre.

A parroquia conta con 19 entidades de poboación: Basante, Botarixo, Buios, Cadavás, Casal, Codesal, A Cruz, Feal, Fontenova, Pedrón, Peteira, Picas, Pontes, Punxeiro, As Queiras, Redondo, O Rego da Moa, Torre e Xunqueira.

Más info

Toponimia

Magalofes é, segundo Henrique Dacosta, un topónimo de orixe híbrida formado por dúas raíces de orixes diferentes: Magal-: tal vez do gregp Megál(o)-, á súa vez de Mégas, Megále, Mega `grande, alto, de elevada estatura´; e -ofes: procedente dun xeninitivo xermánico -ulfe(s)>-olfes>-ofes, do nominativo ulfus (<wulfs, `lobo´).

Festas e romarías

  • San Xurxo, 23 de abril
  • Festa do Cabalo, último domingo de agosto
Descargas

Fene

San Salvador de Fene suma 3.826 habitantes (1.868 varóns e 1.958 mulleres), sendo a parroquia de maior peso demográfico do municipio. Os 1,8 quilómetros cadrados da freguesía limitan ao norte co concello de Neda e ao sur co parroquia de Magalofes. Na súa banda oriental fai linde con Sillobre e na occidental con Perlío e San Valentín.

Na parroquia rexístranse 17 entidades de poboación: Cádavo, Casanova, Chamoso, Conces de Abaixo, Conces de Arriba, Fene, A Fonte do Campo, Formosende, As Foxas, A Fraga, A Porta do Sol, A Revolta, a Rúa Alta, Santa Ana, O Sartego, O Tellado e Vista Alegre.

Más info

Toponimia

O topónimo de Fene é de orixe incerta, segundo Henrique Dacosta probabelmente proceda dun étimo xermánico: no gótico fani `fango, lodo, lama´; no escandinavo antigo e no anglo-saxón fen (pantano); no frisón antigo fenne (pantano); no baixo alemán feni (pantano) e no alto alemán antigo fenna (pantano).

Festas e romarías

  • Xornadas do Humor, maio
  • Romaría de Santa Ana, 26 de xullo
  • Festa do Carme
  • Festa de San Salvador, 6 de agosto
  • Entroido, mércores de cinza
Descargas

San Valentín

É a parroquia fenesa de máis recente creación, arredouse de San Estevo de Perlío a mediados do século XX. Ten, segundo o censo de 2006, 1.590 habitantes (784 varóns e 806 mulleres) e unha superficie de 0,6 quilómetros cadrados. É unha das parroquias máis intensamente urbanizadas e que posúe unha maior densidade de poboación. A poboación concéntrase en tres núcleos: San Valentín, Regueiro e Tellerías. A parroquia limita ao norte co concello de Neda, ao leste coa parroquia de Fene, con Perlío ao sur e coa ría de Ferrol ao oeste.

Más info

Toponimia

O topónimo procede do haxiónimo latino Sanctu-Valentinu (>Valente `valeroso, que vale´).

Festas

  • San Valentín, 14 de febreiro
  • Xuntanza de Palilleiras de Ferrolterra, mes de abril
  • Fenerock, primeira quincena de setembro
  • Fene Xuntanza de Gaiteiros, 2ª quincena de setembro
Descargas

Perlío

A freguesía de Perlío, segundo o Censo de Poboación de 2006, ten 3.381 habitantes e é a segunda de maior peso demográfico do municipio, unicamente superada por San Salvador de Fene. Ten unha extensión de 1,8 quilómetros cadrados e unha altísimima densidade de poboación que supera os 2.800 habitantes por quilómetro cadrados.

Perlío limita ao norte coa parroquia de San Valentín, cara ao oeste coa ría de Ferrol, na súa banda oriental faino coa parroquia de Fene, e polo sur linda con Barallobre e Magalofes.

Más info

A parroquia conta coas seguintes de entidades de poboación: Ameneiral, As Cañotas, O Cardoeiro, As Centeeiras, Chamoso, As Chancas, O Cruceiro, A Fraga de Perlío, A Maroña, Mundín, A Ostreira, O Pachuzo, A Pallota, O Pavillón, O Penedo, A Peneira, Perlío, As Pñias, As Regas, Restreba, A Rúa Alta, A Rúa Baixa, Tarrío, A Torre e A Xunqueira.

Toponimia

Barállanse dúas hipotéticas solucións a respecto da orixe deste topónimo: do latín perna, `certo marisco ou molusco mariño´, `especie de ostra´. Mais esta hipotética solución parece remotísima porque existen varias razóns que impiden recoñecela como verdadeira xa que aparece Perlío en documentación medieval moi antiga, de aí que pareza improbable a incidencia da palabra italiana; e aínda que é verdade que na ría de Ferrol, e sobre todo na banda de Fene, foi abundante en ostras, pero non do xénero perlífero. Por cabo, o sufixo -ino é de carácter culto, por tanto de introdución serodía.

A segunda procedencia sería dunha frase nominal con preposición en latín *per illu (m) rivu (m) `polo río´ (a semellanza coa ría), con metátese: *per Illu (m) rivu (m) *per-lo-rio>pelo rio> perlío.

Festas e romarías

  • Festa dos Santos
  • San Estevo, primeiro domingo de agosto
Descargas

Barallobre

A parroquia de Santiago de Barallobre ten 1.889 habitantes, dos cales 893 son varóns e 996 mulleres, e a superficie parroquial é de 3,7 quilómetros cadrados. Barallobre linda ao norte coa parroquia de Perlío, ao oeste coa ría de Ferrol, ao leste coa parroquia de Magalofes e ao sur coa de Maniños.

Barallobre suma 31 entidades de poboación que son: Bon Xesús, Borás, A Bouza da Pena, A Brea de Barallobre, Os Carballás, O Carril, O Castro, As Chousas, O Cocallo, A Costa de Xan, Os Currás, A Estación, A Loira, Os Loureiros, O Nogueirido, O Pazo, O Penedo de Baixo, O Penedo de Riba, O Piqueiro, A Pomba, O Pombal, O Ramo, O Rego da Moa, O Revolto, A Ribeira, A Ribeiroa, Romariz, Santiago, O Souto Grande, Tras do Río e Xurreira Baixa.

Más info

Toponimia

Segundo Henrique Dacosta, Barallobre é un étimo que tal vez proceda do prerromano ou latino varalia, `sebe de travesaños ou varias´: Barall-, sería a primeira raíz desta palabra; a segunda, -obre, procede do céltico *bhrgh `altura fortificada como cidadela de refuxio´, `castro´ (>*brig-s>-brix>-bre).

Festas e romarías

  • Romaría do Camiñante Descoñecido, o primeiro domingo de xullo
  • Festas do Carme
  • Festas de Santiago, 25 de xullo
Descargas

Maniños

A parroquia de Divino Salvador de Maniños linda ao norte coa ría de Ferrol, coa freguesía de Limodre ao sur, polo oeste con Barallobre e Limodre, e coas parroquias mugardesas de Franza e Piñeiro. En Maniños residen, segundo o Censo de Poboación de 2006, 1.613 habitantes, deles 828 son mulleres e 785 son varóns.

A freguesía ten unha extensión de 2,5 quilómetros cadrados e a súa poboación distribúese nas seguintes entidades: Abeledo, Arangas, Armada, Brea, Cruceiro, Chao da Aldea, Fraga, Garita, Monte, Pereiro, Piñeiro, Prismos e Ribeira.

Más info

Topinimia

O topónimo Maniños, segundo apunta Henrique Dacosta, procede do latín hispánico. *Manninu- ‘estéril, que non dá froito’, ‘terreo inclulto’, que, á súa vez, vén do perromano +manna, ‘estéril’.

Festas e romarías

  • O Carme
  • San Salvador, 5 de agosto
  • Romaría do Pote, último domingo de agosto
Descargas

Limodre

Santa Olalla de Limodre ten unha superficie de 3,7 quilómetros cadrados e unha poboación que ascende a 526 habitantes, deles 260 son varóns e 268 mulleres, segundo os datos do Censo de 2006. A parroquia conta con catorce entidades de poboación: O Cal, O Camiño Grande, O Campanario, Coído, O Cotarelo, O Cotillón, A Fonte, A Fraga de Limodre, O Igresario, Portamaón, Rachabordos, Río Castro, Río Sandeu e Souto Vello.

Más info

Toponimia

Segundo Henrique Dacosta, o topónimo está formado por dous elementos diferenciados: Lim-: raíz que procede do céltico lïmos/lëmos ‘olmo’; e odre, desinencia que é unha das variantes da terminación -obre procede do céltico *bhrgh ‘altura fortificada como cidadela de refuxio’, ‘castro’, (>*brig-s>-brix>-bre).

Festas, festivais e romarías

  • Santa Olalla, 10 de decembro
  • Felipop, agosto
  • Festa da Orella, agosto

<