Patrimonio Natural
Praia do Río Sandeo
Cala situada na Ría de Ares na desembocadura do Río Sandeo.
De area fina e dourada é unha praia de augas tranquilas, de temperatura xeralmente morna e sen bandeira azul. Dispón de aparcadoiro e duchas.
Praia con afluencia moderada nos meses de outono, inverno e primavera e grande afluencia durante o verán; é unha praia ideal para familias pola tranquilidade das augas.