Patrimonio histórico
Ponte sobre o Río Belelle
A ponte sobre o Río Belelle está catalogado pola xunta dentro do Inventario de Bens Patrimoniais. Pertencente á parroquia de Sillobre e ao lugar da Ribeira, cabe resaltar que é unha ponte de orixe romana aínda que se conserva a configuración altomedieval, posúe un arco de medio punto con perpiaños de granito a modo de reforzo e desaugadoiros para cando o Belelle baixa con excesivo caudal, sobre todo nos meses de outono e inverno.
É unha zona óptima para a practica de sendeirismo xa salva o curso do Río Belelle dentro dun entorno de grande valor natural e paisaxístico.