Patrimonio arqueolóxico
Pedra da Arca
Tamén coñecido como Castro do Campo da Arca, é un monumento megalítico situado a uns cento cincuenta metros do cemiterio.
Mide uns tres metros e medio de alto e tres de perímetro. Nela poden verse numerosas incisións ovaladas que foron feitas por man humana.
Esta pedra foi desprazada da súa posición debido a construción dun depósito de auga. No lugar orixinal había un campo de mámoas que algunha delas desapareceron durante as obras.
Ademais, tamén había un par de enterramentos en cuxo interior agochábase unha cámara megalítica.