Patrimonio histórico
Pazo da Ribeira de Maniños
Tamén Coñecido como Pazo de Maniños ou Pazo dos Montenegro é unha edificación que data de comezos do século XVII. Foi mandada construír por Alonso de Orozo, Capitán pertencente á denominada como “Armada Invencible”, tamén foi rexedor de Ferrol.
Este Pazo estaba composto pola vivenda e por unha Capela adicada á Sagrada Familia, da que só queda unha pedra de armas co antigo escudo da Familia Bermúdez e que presenta un gravado que indica “Armas de Bermúdez de Castro”. A capela foi derrubada durante a posguerra.