Patrimonio cultural
O Espectador
43°28’19.6″N 8°10’20.1″W
Fene chegou a ter sete cinemas, se cadra o Perla é o que máis permanece na memoria colectiva dos feneses. O Perla era cinema, tamén sala de baile e cafetería; foi lugar de reunión de varias xeracións como centro de ocio e cultural.
Cando este emblemático edificio derrubouse a praza sufriu unha reforma integral na que ten unha importancia capital a obra escultórica que leva por nome “O Espectador”. Esta obra foi erixida no ano 2007 en homenaxe aos extintos cines da vila, porque xa non quedarán cines, pero sí espectadores.
A obra, creada polo artista Suso Basterrechea consta de sete cadeiras de bronce, unha por cada un dos cinemas. É unha obra interactiva xa que as cadeiras, ademais do sentido que lle dan ao conxunto escultórico, serven como elementos para tomar asento.