Lecer activo

Turismo activo

Fene ofrece grazas aos clubs e asociacións/entidades veciñais múltiples posibilidades de turismo activo. Mergullo, chave, sendeirismo, son algunhas das propostas que aquí vos deixamos.

Chave

Actualmente a chave no Concello de Fene, conta con dez canchas de xogo, unha delas municipal instalada en San Valentín e as restantes nas parroquias de Sillobre, Perlío, Maniños e Limodre.

Enderezo : Escola Fonte do Campo s/n 15500, Fene A Coruña.
Páxina web: www.amigosdachave.es
E-mail: ferrolterra@amigosdachave.es
Teléfono : 626 385 653

Mergullo

 

O Club Actividades Subacuáticas Nautilus realiza cursos de mergullo avalados pola federación galega de actividades subacuáticas FEGAS desde o nivel de iniciación ata o de instrutor.

Dispón dun programa de mergullo adaptado para persoas con discapacidade, e realiza talleres de mantemento dos equipos de mergullo para os seus socios.

Anualmente o Concello de Fene convoca dous bautismos, un dirixido a nenos e nenas de 10 a 16 anos e outro dirixido a maiores de 16 anos.

No 2016 a concellería de Deportes de Fene, en colaboración coa Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS), o club fenés CAS Nautilus e a asociación Aspaneps Fene, organizou o I Bautismo de Mergullo Adaptado.

Enderezo: Estrada da Vrea,10, 15528 – Barallobre
Páxina web: www.casnautilus.org
Teléfono: 659 114 576

Ciclismo

 

O Club BTT de Fene foi fundado no ano 2010 e actualmente conta con 50 socios. Tódolos domingos realiza unha ruta por diferentes lugares das comarcas Ferrol, Eume e Ortegal.

A ruta máis importante é a que se organiza unha vez ao ano “Ruta BTT Sendeiros de Fene” na que participan ata un máximo de 300 ciclistas e que ten un percorrido de 40/50 km aproximadamente, variando a ruta cada ano polos distintos sendeiros de Fene.

Anualmente programan diferentes saídas:

  • No mes de xaneiro realizan 4 saídas (San Andrés de Teixido, Santiago de Compostela, e outras dúas que varían)
  • No entroido organizan unha ruta onde os participantes saen disfrazados.
  • No Nadal.
  • Rutas de Galicia e Asturias

Enderezo: Casa de la Cultura de Fene – Estrada AC-115; 15500 Fene (A Coruña)
Teléfonos.: 627 906 472 | 626 694 751
E-mail: info@clubbttfene.es
Páxina web: www.clubbttfene.es

Horario de oficina: Venres de 20:00h a 21:30h

 

Slalom

No mes de decembro a escuderia Sctracht Fene organiza o Slalom de Fene, evento que se desenvolve no circuíto do Polígono Industrial de Vilar do Colo. Proba deportiva de referencia e de máximo coeficiente no campionato Galego desta especialidade.

Paseo San Valentín

Deporte na rúa

 

A concellería de deportes do concello de Fene, ten diversas citas anuais gratuítas e abertas a cidadanía para gozar do deporte ao aire libre.

Día de deporte na rúa

Inchables, circuíto de karts a pedal, patinaxe, deportes de raqueta, pintadas, concurso de carteis, fútbol americano, atletismo divertido, jugger (pelota e loita con armas simuladas), tiro con arco, etc. son algunhas das propostas do Día do Deporte na Rúa. Evento que se desenvolve no mes de xullo na Avenida do Tarrío, rúa San Salvador e nos arredores do Ceip Centieiras e Círculo de Perlío. No caso de mal tempo trasladaranse ao pavillón A Xunqueira de San Valentín.

O Día do Deporte na Rúa está organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Fene. Colaboran: Colexio Jorge Juan, CCRD Perlío, Amigos da Chave de Ferrolterra e Club Escola Ximnasia Ferrolterra.

Ximnasia de verán

Escola de actividade física e mantemento en xeral, dirixida a tódalas idades, para gozar do deporte ao aire libre.

Desenvolvese desde o 1 ata o 31de agosto, na parte traseira do Pavillón Municial de “A Xunqueira”, os luns, mércores e venres laborables, en horario de 09.30 a 10.30 horas.

Non se precisa inscrición previa, abonda con asistir ás clases no horario establecido; así como tamén, non se interrompe co mal tempo xa que se chove desenvólvese no interior do Pavillón.

 

Milla escolar

A “Milla Escolar” é xa unha das probas clásicas e consolidadas do Concello de Fene, cunha participación aproximada de 500 nenos e nenas de toda a bisbarra.

Desenvólvese no mes de maio na Avenida do Mar de San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira, aínda que, no caso de mal tempo, trasládase ao interior do pavillón polideportivo.

 

Ruta Mini Btt

Organizada no mes de xuño pola Concellería de Deportes de Fene, conta coa colaboración do Club BTT Fene. Dirixida a nenos e nenas de 5 a 14 anos.

Desenvólvese no paseo marítimo de San Valentín.

 

Marcha ciclista popular

Organizada no mes de maio pola Concellería de Deportes de Fene, conta coa colaboración do Club BTT Fene

A actividade inclúe unha ruta de Menores así coma un servizo de préstamo de bicicletas e cascos.

 

Rutas

Rompepernas

A asociación de veciños de Magalofes en colaboración coa Federación Galega de Atletismo organiza no mes de xuño o “Rompepernas Magalofes” con 10,3 km de trazado.

A proba dispútase nas parroquias de Magalofes (Fene) e Laraxe (Cabanas). A saída e chegada da proba faise a carón do local Social da Asociación de Magalofes nun circuíto debidamente sinalizado.

Establécense cinco categorías, xuvenil, júnior, promesa, sénior e veterano.

Poden participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Ferrol.

 

Volta cicloturista a Sillobre

A volta cicloturista realízase no mes de Agosto, o seu percorrido é duns 13kms e percórrese case toda a parroquia de Sillobre, subindo a Marraxón pola costa de Buio. Poden participar persoas de tódalas idades. Organiza SCRD AGARIMO.

 

Caminata Santa Compaña

Comezou a realizarse no ano 2015, cun percorrido duns 6 kms, pola noite, onde nos acompaña a Santa Compaña. É de dificultade baixa e para tódalas idades. Organiza SCRD AGARIMO.

 

Coñece Sillobre Camiñando

Normalmente é o día 17 de maio pola mañá, realízase percorrido por case toda a parroquia. Dificultade Media. Distancia sobre uns 10 km – 15 kms. Organiza SCRD AGARIMO.

 

Ruta “Subida a Marraxón” en Noiteboa

Saése do adro parroquial de Sillobre e sóbese ata Marraxón por Buio. Día 24 de decembro, dificultade baixa. Organiza AVV San Ramón de Sillobre.

 

Andaina Máxica

AETNA
Estrada da Palma s/n – Patio do colexio Curros Enriquez; 15520 Maniños

AETNA no mes de marzo organiza a andaina “Máxica” de dúas horas de duración. Dende o Muíño de Solis en Vilar do Colo sóbese ao lugar de Cornide, ao Castro de Prismos e ao Marco de San Lourenzo.

 

Ruta dos Muíños

AETNA 

AETNA 

Estrada da Palma s/n – Patio do colexio Curros Enriquez; 15520 Maniños

Aetna organiza a Ruta dos Muíños que se inicia no seu local para rematar na beiramar, no Seixo. O percorrido pola beira do río Baa alcanza os 2 km, e pódense ver ata oito muíños, algún deles en perfecto estado.

A entidade colabora cos centros de ensino do municipio para realizar esta ruta.

 

Ruta dos cogumelos

AETNA 

Estrada da Palma s/n – Patio do colexio Curros Enriquez; 15520 Maniños

Tódolos venres e sábados do mes de outubro, Aetna realiza unha saída guiada ao monte para a recolleita de cogomelos, o seu estudo, tratamento e posterior degustación.

Paseo San Valentín