Patrimonio histórico
Igrexa de Santo Estevo de Perlío
A parroquia de Santo Estevo de Perlío ten un grande arraigo na veciñanza. Tal é a implicación dos seus fieis que se agora a atopamos restaurada é obra e grazas aos veciños que a comezos de século manifestáronse a prol da súa restauración e contra as medidas que estaba a levar a cabo o arcebispado.
Xa en 2013 grazas á achega económica dos veciños e a axudas públicas déronse por rematadas as obras de restauración da igrexa e das melloras do cemiterio e a contorna.
O templo consta dunha fachada principal ornamentada, con frontón partido e dúas pilastras rematadas en pináculos. Posúe unha espadana en dous corpos: un coas campas e outro ornamental. No interior da igrexa atópase un retablo barroco perfectamente restaurado. O retablo está presidido por San Bieito e foi colocado entre os anos 1740 e 1781.