Patrimonio histórico
Igrexa de Santiago de Barallobre
43°27’37.0″N 8°10’56.9″W
Situada no lugar de Santiago na parroquia de Barallobre é un templo de estilo Barroco do século XVII; sufriu diversas reformas nos séculos XIX e XX.
Presenta unha planta rectangular de tres naves, na súa fachada a entrada principal é de pedra vista es está rematada cunha espadana con espazo para dúas campás. Os muros laterais da fachada están revocados, pintados en branco e contan con dúas ventás circulares para dar entrada a luz natural dentro da igrexa. Nesa porta de acceso atopamos a figura de Santiago Peregrino Sentado. O seu interior conta con tres retablos e un coro alto na súa nave principal.