Patrimonio relixioso
Igrexa de Santa Olaia de Limodre
Igrexa de planta de cruz latina e de estilo barroco. A fachada conta con entradas para a luz natural e a cornixa está rematada con pináculos, destaca a espadana que rompe co sobrio da construción, ademais conta con certa decoración ornamental.
Contra o ano 1604 o crego Fernán Gómez das Seixas fundou unha capela en Limodre, todo indica que se atopaba no terreo onde agora está a Igrexa.