Patrimonio relixioso
Igrexa de Santa Mariña de Sillobre
43º28’38.6″N 8º08’47.7″W
Igrexa de estilo barroco de primeira metade do século XVII. Conta cunha planta de cruz latina con dous corpos rectangulares. Aos pés da nave atopamos o coro alto. No interior atopamos unha bóveda de canón e destaca sobre todo o retablo do altar maior, de madeira e policromado de dourados. Na fachada principal poderemos atopar o arco de medio punto da entrada así como a cornixa rematada con pináculos. A torre do campanario eríxese sobre un lateral e remata nunha cúpula semiesférica.