Patrimonio histórico
Grupo Escolar Fillos de Limodre
O Grupo escolar Fillos de Limodre foi levantado entre 1926 e 1927 grazas á filantropía dos feneses emigrados en América e tiña fins educativos. O grupo promotor desta obra foi a Sociedade de Instrución Fillos de Limodre, creada un ano antes e da que era presidente Juan Varela, emigrante en Cuba.
É un edificio sobrio, sinxelo de dúas alturas e con cuberta a catro aguas erixido nunha finca rodeada de muros.