Patrimonio civil
Casa do Concello
43°28’26.0″N 8°09’45.2″W
Para fornecer as esixencias administrativas dun concello que aumenta a súa poboación sae a concurso a nivel estatal o deseño da Casa do Concello de Fene. Este concurso foi gañado no ano 1977 polo nomeado arquitecto Alberto Campo Baeza.
O edificio foi construído no ano 1980 respondendo á funcionalidade propia dun edificio institucional; moderno e diáfano ofreceu unha solución arquitectónica a toda a contorna que o rodea.
A mellor explicación técnica do mesmo ven dada polo propio arquitecto da obra:
É un territorio de edificación dispersa sen tecido urbano consolidado, proponse a creación de dúas prazas, conformadas polas pezas arquitectónicas que conteñen as funcións esixidas para o concello. Un soar rectangular está limitado por tres estradas e un arboredo nun dos seus lados longos. O edificio principal cos seus elementos simbólicos e de fácil recoñecemento, a “Torre do Reloxo” e o “Balcón do Alcalde”, sitúanse no centro, entre as dúas prazas. Unha de carácter estancial e outra de carácter cultural. Os bordes longos péchanse con soportais e os outros elementos sobre os tramos curtos acolle funcións de servizo.
O edificio central é moi transparente, moi aberto ao norte e algo máis pechado ao sur. Todo isto resolto cunha arquitectura, formalmente contida e sinxela, branca, que, xunto coa arquitectura de pedra, é a máis común desta zona do país.
Así pois o a Casa do Concello de Fene é un edificio contemporáneo de grande valor arquitectónico e unha icona do desenvolvemento urbano do concello.
Praza do Alcalde Ramón José Souto González, s/n. 15500 – Fene (A Coruña).
Teléfono 981 492 707