Un día no mar de Fene

Información da experiencia

MUSEO DO HUMOR

Cómpre facer turismo con bo humor, por iso nada mellor que achegarse a visitar o único Museo do Humor de toda Galicia e un dos poucos deste xénero en toda a Península Ibérica. Nas súas salas nas que encontrarás orixinais da práctica totalidade dos humoristas gráficos e autores de cómic galegos contemporáneos: Siro, Xaquín Marín, Miguel Anxo Prado, Chichi Campos, Pepe Barro, Xan Carlos López Domínguez, Pepe Carreiro, Chinto&Pinto…

Entre os moitos fondos do Museo salientan as magníficas coleccións dedicadas aos humoristas gráficos do Estado (con obra de Mingote, Chumy-Chumez, Máximo, Forges, Serafín…) e do resto do mundo (René de la Nuez, M. Walker, Fontanarrosa….).

Á saída, dando un paseo polo parque Castelao chegas ao Monumento ao Pallaso, obra singular promovida polo Museo do Humor para homenaxear estes artistas do sorriso e da que é autor o ceramista fenense Francisco Xosé Pérez Porto.

AULA DO MAR

En Fene temos a sorte de contar cunha activa lonxa en Barallobre, que ademais de estar localizada nun espazo de ribeira dunha grande fermosura, conta coa posibilidade de visitar os seus viveiros e a súa Aula do Mar, moi recomendable para coñecer as especies e ás artes de pesca usadas na nosa ría.

Os grupos que desexen facer esta visita guiada, que incluso si fai bo tempo pode incluír unha visita á ribeira a coñecer o traballo das nosas mariscadoras e mariscadores, so teñen que encargar e persoal coa formación adecuada os acompaña

LANCHA POLA RÍA

Unha vez que visitamos o Museo do Humor e a Aula do Mar, que mellor xeito de rematar a visita ao noso concello que embarcar nunha lancha. Dependendo da orde na que decidas programar estas tres actividades propostas neste paquete, podes xantar en algún dos moi bos restaurantes que hai no noso concello ou ben degustar a borde os produtos do nos mar.

COMO RESERVAR

Este paquete turístico está a disposición dos turistas que o queiran programar no noso departamento de turismo ou directamente a cada unha das entidades si se quere programar por separado.

  • Turismo de Fene

Teléfono: 981 492 767
E-mail: turismo@fene.gal

Tamén achegándose á caseta de turismo na Avenida Naturais, 52

Teléfono: 981 344 082.

Teléfonos: 981 342 400 / 981 341 451
E-mail: museodohumor@fenecidadan.gal / museodohumor@gmail.com

Teléfono: 981360274 / 615 39 90 44 – 615 46 18 73
E-mail: tienda@mariscosdebarallobre.com

  • Si o que queres é reservar a visita en barco pola ría, podes facelo en Ferrol  Activo

Teléfono: 620926958 / 677438621
Email: info@fernandezcabana.es

 

 

                       

Museo do humor

Faga a súa reserva

    Data de reserva:

    Lin e acepto o Aviso Legal e la Política de Privacidade.
    Acepto recibir a información que a entidade considere oportuna para enviarme por correo electrónico ou medio electrónico de comunicación equivalente. (Podes cancelar a subscrición en calquera momento).