Promoción turística

Promoción turística

Encontro de Palilleiras

 

Palilleiras de toda España acoden ao encontro que ten lugar o último sábado do mes de abril, no pavillón A Xunqueira en San Valentín.

No ano 1993 un grupo de mulleres de San Valentín decidiron aprender a palillar e púxose en marcha a escola de tempo libre con tal propósito. Un día deciden organizar unha xuntanza e convocar ás escolas da comarca Ferrolterra. En 1996 organízase a I Xuntanza de Palilleiras co obxectivo de servir de lugar de encontro para as mulleres que nese momento estaban, como as de Fene, recuperando a tradición do encaixe. A cita prestábase para amosar os traballos realizados polas diferentes escolas que estaban comezando.

Á primeira xuntanza asistiron un cento de palilleiras, e ao ano seguinte duplicouse o número de participantes. Á terceira xuntanza acudiron palilleiras de fóra de Galicia e creáronse premios. No ano 2000 recibíronse corenta escolas e progresivamente cada ano incrementa o número de participantes e público asistente.

Cada ano incorpóranse novidades, podendo gozar dos traballos realizados por artesáns da madeira e outros.

Paseo San Valentín

Concurso de Tapas

 

Durante varias fins de semana do mes de maio e nalgún caso en xuño, realízase un concurso de tapas no que participan os hostaleiros de Fene.

O cliente pode degustar gratuitamente unha tapa tradicional ou creativa.

Unha vez que o cliente degusta tódalas tapas pode votar pola que máis lle gusta e participar no sorteo de agasallos, para iso créase un folleto chamado “Feneruta” para que cando proben a tapa o establecemento lles poña un selo e unha vez completado o poidan depositar na urna.

Paseo San Valentín

Festa mariñeira

 

O Concello de Fene, en colaboración coas sociedades, organiza no mes de setembro a Festa Mariñeira no peirao de Barallobre.

Nesta festa participan as sociedades de Fene as cales ofrecen diferentes pratos de degustación de mariscos da ría en colaboración coa Confraría de Barallobre.

Paseo San Valentín

Oultlet Merca in Fene

 

Actividade que ten por finalidade tanto a promoción do noso comercio local, como de dar a posibilidade aos nosos/as comerciantes de pór en venda produtos de fin de tempada mantendo a calidade a baixo custe.

Participan as entidades asociadas á asociación O Cruceiro. O evento sitúase na rúa San Salvador, baixo carpa.

Ademais de mercar todo tipo de artigos a prezos moi interesantes, podemos pasar o día en Fene coas diferentes promocións e actos programados. Obradoiros de xogos infantís, malabares, actuacións musicais, agasallos e sorteos de premios.

O mesmo día da feira diversos establecementos de hostalería teñen promocións especiais.

Paseo San Valentín