Patrimonio arquitectónico
Marco de San Lourenzo
Foi unha iniciativa do xornalista Alfonso Piñón.
A estrutura consta dunha pequena praza cun pequeno templo central e rodeada de bancos que levan o nome de personalidades galegas: Castelao, Curros Enríquez, Rosalía, Ínsua Santos, Irmáns Vilar Ponte, Otero Pedrayo, Bieito Cupeiro, Rof Codina, Eduardo Pondal, Pérez Parallé e Xosé Neira Vilas.
Foi inaugurado en 1934 por Ramón Otero Pedrayo e o motivo deste monumento ten un fondo carácter ecoloxista e cultural: todo camiñante debe coidar e respectar o entorno polo que pasa.