Patrimonio relixioso
Igrexa de San Xosé de Limodre
43º26’11.6″N 8º11’37.3″W
Construída nos anos 40 do século XX por José Andrés Vázquez é un exemplo máis da tradición arquitectónica indiana de Fene, que neste caso amosa un característico neogótico. Destaca a bóveda de crucería tanto na nave central como nas naves laterais. A entrada está encadrada por arcos oxivais neogóticos
No interior alberga o altar adicado á Virxe da Caridade, patroa de Cuba. Este altar foi financiado por Juan varela, emigrante residente na illa caribeña.